Páxina principal > General > PASAMOS A WORDPRESS!!

PASAMOS A WORDPRESS!!

A partir de hoxe empezamos unha nova aventura blogueira en WordPress, facéndolle caso a todos aqueles, expertos e afeccionados, que me sinalastes que aquí podería atopar mellor espazo de esparcemento para as miñas inquedanzas, que o ’space’ era estático, que me roubaba a identidade sobre a propiedade das miñas ideas… Ben, fágovos caso.

 Hoxe é o día desta entrada de proba. A partir de mañá, xa será aquí onde verca as miñas reflexións persoais de forma directa. Con todo, aínda manterei aberto durante un tempo o espazo. Coa esperanza de que a transición se poda realizar da mellor forma e sen sobresaltos.

 Igualmente, comunicarvos que en breve abrirei, xa de forma definitiva, o blog profesional dedicado á comunicación e ó marketing político que me viña dando voltas pola cabeza e que xa vos teño comentado a algúns de vós. Dúas aventuras persoais, íntima e profesional, ó tempo. ¿Alguén pode dar máis polo mesmo prezo? Creo que poucas persoas.

 Espero contar coa vosa amizade, igual que teño contado todos estes meses de atrás en Hotmail. Benvidos á miña nova aventura. Espero que sexa do voso agrado.

Categorías:General
  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.