VÍDEO OBAMA: 27 min
Este é o vídeo que Barack Obama emitiu esta noite (20:00 USA) nas tres principais canles estadounidenses: CBS, NBC e Fox. Espero que vos emocione a vós tanto como o fixo comigo.
Categorías:General
Este é o vídeo que Barack Obama emitiu esta noite (20:00 USA) nas tres principais canles estadounidenses: CBS, NBC e Fox. Espero que vos emocione a vós tanto como o fixo comigo.
Boísimo o vídeo. Pasará a Historia, seguro.
Está moi ben concebido por quen o diseñou. Dende logo, móstrase a un home empático, do seu tempo, cosmopolita, pegado á xente, á súa familia tamén, e valorado polos políticos consagrados (Coma Bill Richardson ou a gobernadora de Kansas, que eu pensaba que ía para vice, pero equivoqueime…). Con medidas concretas sobre a mesa, pegado e comprensivo cos problemas reais das familias reais dos EEUU: a clásica famila media americana, xente con problemas, afroamericanos, latinos, nenos de tódalas razas, asiáticos, xente maior…Combina moi ben eses meetings coa xente de a pé coas esceas nas que aparece nun escenario similar ó Despacho Oval. Toca os temas candentes: a crise, o clima, a política exterior…Mistura excelentemente imaxes de grandes discursos con miles de persoas con imaxes do rural e das towns e cidades. Eses grandes discursos que pasarán tamén á Historia pola forza da súa voz, e pola elocuencia e poética que desprenden, capaces de mobilizar (esperemos) e aglutinar a tódalas clases de persoas para conseguir esa promesa. É utópico, evocador…Un gran líder,e xa o demostrou.
Dende a nosa mentalidade europea, secularizada, podemos non compartir de todo algunhas cousas que saen, coma ese remitirse á familia modelo, pero é que ten unha grande historia de vida que contar tamén…que saben explotar para dar coherencia a todo o que significa este fenómeno.
Non sei, pareceme que tocará a fibra sensible de moitas capas de poboación e o Martes botaráse á rúa unha marea de xente, que ten a responsabilidade de cambialo rumbo da Historia.
O que non sei, Fran, é como subilo ó meu blog.Se botas unha(outra)man….jejejej.Sorte.