(2) EL VIAJE DEL ELEFANTE: José Saramago

Con Saramago pásame como con Mankell, lino todo del: todo, todiño, todo. Desde as obras maestras: El evangelio según Jesucristo, Cerco de Lisboa, Memorial del convento, Levantando del suelo, El año de la muerte de Ricardo Reis. Ata as merdas infumables: La caverna (unha das peores novelas que teño lido nunca, a súa peor obra, e primeira novela post-Nobel), el hombre duplicado, e ensayo sobre la lucidez. O Premio Nobel foi un lastre para el, a partir de aí encadenou a peor serie de obras que ler se podan, se ben foi recuperando paulatinamente o diamantino pulso narrativo que atesoura.
El viaje del elefante é unha novela que non podemos encadrar en ningún dos dous anteriores grupos. Non é unha obra maestra, lamentablemente. Pero tampouco é unha desas obras ínfimas que viña escribindo ultimamante, onde a intranscendencia e a obviedade eran o estadio máis cotián das súas letras. Entra no bloque das medianías: La balsa de piedra, Ensayo sobre la ceguera…, e iso é un motivo de inmensa alegría. Os lectores estamos recuperando a Saramago, cousa que é sempre de alegrarse.
El viaje del elefante pon o foco sobre a viaxe que o elefante Salomón fixo dende Lisboa ata Viena, previo paso por Valladolid. O periplo dun agasallo real do Rei José III de Portugal ao xenro de Carlos V, o príncipe Maximiliano de Austria. Basado en feitos históricos e inspirado no recordo que aínda conserva Austria da enorme efixie elefantina e a súa entrada na capital Austro-Húngara, Saramago constrúe unha historia humana, próxima, cercana… Eu, cando menos, non puiden deixar de estar de lado do cornaca ¿Fritz? en moitas partes da historia.
A novela, sen embargo, dista moito de ser redonda. A reflexión que constrúe Saramago en El viaje del elefante céntrase no contínuo viaxar das persoas, no devir de espazos e persoas que imos coñecendo, no indeterminismo que rodea o camiño do noso destino en todo momento. Faino coa viaxe, a simple viaxe, e a reflexión dos pasos de personaxes distintos e heteroxéneos. A construción da historia e da reflexión, sen embargo, váiselle das mans. As personaxes non encaixan nas ideas. O camiño non encaixa no caótico da meta. O indeterminismo dun destino por escribir non encaixa con certos personaxes que parecen saber, en todo momento, que queren e cara a onde van.
A voz narradora, o Saramago postmortem que reflexiona sobre a vida, destino e fin do tempo vivido, copa moitos fragmentos, ocupa os pensamentos dos personaxes da novela. A súa omnisciencia acaba lastrando a voz propia duns personaxes e dunha historia dun enorme potencial. A sensación de irse escorregando cara ao Saramago totalizador, no canto de ir saltando de este a aquel, crece por momentos. Sen embargo, Saramago sempre será Saramago. Debemos alegrarnos de que o Grande Saramago asome xa pola porta con esta novela. Ogallá teña tempo de deleitarnos aínda con outras moitas obras maestras… quizais no futuro.
El viaje del elefante. Puntuación: 6/10
Próximo libro: (3) Aravind Adiga, Tigre Blanco, Miscelánea.
Já reparei que não há practicamente livros do sistema galego-português lidos por você, neste ano tudo em espanhol. Mais surpreendente é que o livro do Saramago também fora lido nesta língua, quanto perde você ao não o fazer no português original (e fazer referência às outras obras também em espanhol…).
Porém o que mais surpresa me causou foi ler que trabalha na Secretaria Geral de Política Lingüística da Junta de Galiza! Um trabalhador dum organismo que promociona a língua galega na Galiza e não lê livros em galego, ainda mais lê as traduções ao espanhol de autores portugueses!
Toda uma declaração de intenções.
Meu querido amigo, todo chegará. Este ano teño pensado ler -cando menos, ese era o meu reto este ano- 1 libro por semana, 52 en total. Na lista haberá, por suposto, non só libros en galego (de feito, xa estou devorando algunha tradución, como a de Lolita, de Nabokov), senón libros galegos. Hai que ler de todo!
Grazas polo comentario.