Páxina principal > General > (38) EL JUGADOR, de Iain M Banks.

(38) EL JUGADOR, de Iain M Banks.

el jugador cultura banks

Hoxe traemos outro libro de Ciencia Ficción, “El jugador”, unha novela de ideas, moi ben escrita, cunha estrutura dun enorme clasicismo, e dunha sinxeleza estilística e retórica clara. Unha lectura que pode que non enganche, porque Banks tira de manual para construír unha novela con máis corpo que alma, pero si asegura un agradable entretemento, moi acaído para os tempos calorosos de verán e praia.

Algo sobre o argumento: o mellor xogador da Cultura, capaz de gañar a calquera xogo, independentemente de regras e tradicións, acaba reclutado polo servizo militar da Cultura cunha intención: ir a un Imperio galáctico lonxano a xogar a un curioso xogo onde os roles da vida cotiá dependen do resultado dunha competición non sempre xusta nin equitativa. Unha crítica lúcida do sistema capitalista, da meritocracia, o individualismo e a inxustiza por un dos autores máis prestixiosos da Ciencia Ficción contemporánea.

A crítica completa tédela aquí:

CUALIFICACIÓN: El Jugador, de Iain M. Banks: 6,5/10

PRÓXIMO LIBRO: (39) El uso de las armas, de Iain M. Banks.

Categorías:General
  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.