(40) LA DESHUMANIZACIÓN DEL ARTE. IDEAS SOBRE LA NOVELA. José Ortega y Gasset.
Unha nova incursión no ensaio coa crítica dun par de libretos que, editados conxuntamente xa en 1925, recupera Castalia nunha edición “didáctica” (número 64 da Colección) coa intención de recordar e encadrar a obra ensaística do pensador español máis importante do séc. XX: “La deshumanización del arte” e “Ideas sobre la novela”, na colección Castalia Didáctica, en edición de Gloria Rey Faraldos.
A edición do ensaio é interesante, máis se cabe, cando lle estamos dedicando este ano o blog á literatura e á novela que, en canto forma artística de creación ficcional ou, como diría Ortega y Gasset, de alterrealidade, obedece a uns paradigmas e regras propias e alleas ao “realismo” do séc. XIX e épocas anteriores.
De feito, Ortega entende a liña do “realismo” ou a “humanización” da creación, como unha liña esgotada. A nova arte xorde do estético (“deshumanización”) e do irreal, da proposta dun universo -na novela- hermético pechado arredor de unha ou un conxunto de personaxes que son os que, a través das súas sensacións, transmiten e comunican co lector.
Un ensaio interesante, de lectura obrigada para os amantes da literatura, e que interesará a todos/as. Non perdades a ocasión de lelos.
A crítica completa, publicada en Fantasymundo.com, tédela aquí.
NOTA: (40) LA DESHUMANIZACIÓN DEL ARTE. IDEAS SOBRE LA NOVELA. de José Ortega y Gasset. Edición de Gloria Rey Faraldos. Nota: 8,5/10