Páxina principal > Formación, Historia, Ideoloxía > A ESQUERDA E A REVOLUCIÓN… FRANCESA

A ESQUERDA E A REVOLUCIÓN… FRANCESA

rev francesa

O maior defensor da herdanza dos valores progresistas contemporáneos respecto dos valores revolucionarios de 1789 foi, ironicamente, o Papa Benedicto XVI. Na súa Encíclica ‘Spe Salvi’ (salvados na esperanza) do 30 de novembro de 2007, Benedicto XVI di:

“En el s. XVIII no faltó la fe en el progreso como nueva forma de la esperanza humana y siguió considerando la razón y la libertad como la estrella-guía que se debía seguir en el camino de la esperanza. Sin embargo, el avance cada vez más rápido del desarrollo técnico y la industrialización que comportaba crearon muy pronto una situación social completamente nueva: se formó la clase de los trabajadores de la industria y el así llamado «proletariado industrial», cuyas terribles condiciones de vida ilustró de manera sobrecogedora Friedrich Engels en 1845. Para el lector debía estar claro: esto no puede continuar, es necesario un cambio. Pero el cambio supondría la convulsión y el abatimiento de toda la estructura de la sociedad burguesa. Después de la revolución burguesa de 1789 había llegado la hora de una nueva revolución, la proletaria: el progreso no podía avanzar simplemente de modo lineal a pequeños pasos. Hacía falta el salto revolucionario. Karl Marx recogió esta llamada del momento y, con vigor de lenguaje y pensamiento, trató de encauzar este nuevo y, como él pensaba, definitivo gran paso de la historia hacia la salvación (…)”

Benedicto XVI fai despois unha análise sobre os erros de Marx: o centrarse exclusivamente na economía e o materialismo como vías para o ben social; o non prever os pasos posteriores á destrución da inxustiza socioeconómica; e o esquecer a natureza humana e a liberdade como barreiras naturais do seu razonamento. Análises particulares feitas a parte, o que si fai Benedicto XVI é establecer unha ligazón de continuidade entre a extensión da forza libertadora da Revolución Francesa de 1789 e a posterior forza dignificadora (que non igualitaria) despregada por Marx e Engels e representada polo socialismo científico.

O que si debemos nós facer, e que sorprendentemente Don Bieito XVI non fai, é situar como un paso intermedio necesario a contribución decisiva do socialismo utópico. Un socialismo que supón, de feito, un tránsito conceptual e un experimento sociolóxico que reunía os principios revolucionarios co xermolo socialista dunha comunidade de iguais en dereitos e responsabilidades.

republicanismo españa

Por iso, cando a Dereita contemporánea, de forma interesada, apela ao liberalismo como parte da súa connaturalidade política. O Socialismo e a Esquerda contemporánea debe responder varias cousas:

1. “Liberalismo” e “Individualismo” non son conceptos nin relacionados, nin análogos. O “individualismo” carece de raíces solidarias e de compromiso colectivo co conxunto da comunidade política. Mentres o “liberalismo” xorde do recoñecemento dunha contribución potencial do individuo ao ben da comunidade política, para cuxo desenvolvemento son imprescindibles tanto os dereitos á acción (dereitos humanos), como o seu recoñecemento político (cidadanía) de parte inherente da comunidade política (Francia).

2. O “liberalismo” foi unha “forza revolucionaria” que era contraria ao mantemento dun poder alleo ao do conxunto da cidadanía. O “liberalismo” é un movemento sociopolítico protodemocrático que ten no Pobo, non en castes ou clases, intereses ou organizacións, fundamentada a súa única lexitimidade política recoñecida. A soberanía pertence ao Pobo no seu conxunto. E a cidadanía é a súa manifestación factual.

3. Os valores socialistas e os valores libertarios teñen un punto de conexión fundamental no “Republicanismo”: o entender a igualdade e a liberdade como as vías políticas necesarias para acadar o ben común da sociedade. Esa é a conexión que no 1789 explicitou a Revolución Francesa nos seus 3 valores definitorios: liberdade, igualdade e solidariedade. Valores que cristalizaron na “esqueda política” e que hoxe definen ao conxunto das ramas ideolóxico-políticas desta beira do Río.

Conclusión.

A lateralidade metafórica esquerda/dereita nada ten que ver coa construción histórico-ideolóxica da “esquerda”. Toda relación que se queira facer, alén da coincidencia no significante, será un intento por confundir dous procesos de significación ben distintos.

En todo caso, a esquerda política herda os valores da Revolución Francesa, o seu compromiso libertario, as súas ansias igualitarias, e o seu compromiso co ben común a través da solidariedade dos e entre os membros da comunidade política. Eses son os valores que nos definen. E eses son os valores que debemos actualizar, defender e potenciar cada día con maior decisión.

  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.